Viaxe a Portugal e duelo ante o Sporting

Viaxe a Portugal e duelo ante o Sporting

11 de marzo de 2026


O partido do Paço de Arcos corresponderá á antepenúltima xornada da Fase de Grupos de Champions (xoves 12, 21:30h de España).

A viaxe por Europa segue acumulando as paradas dun Liceo que, neste momento, atoparía bo destino. Todo dependerá dos tres partidos restantes da Fase de Grupos desta WSE Champions League, sendo o primeiro deles na casa dun sempre forte Sporting de Portugal. O Paço de Arcos de Oeiras agarda para un duelo que estará retransmitido vía streaming grazas a europe.worldskate.tv.

Oitava parada de dez

Non queda nada para o final da Fase Regular, unha que actualmente deixa ó Liceo como o segundo clasificado do Grupo B. Iso implicaría a súa presenza na Final 8 polo título, unha que xa conta con lugar e datas: será na cidade portuguesa de Coimbra do 6 ó 10 de maio.

A táboa completa da división tras sete datas é a seguinte (en negrita os postos premiados coa clasificación):

  • 1º – BENFICA – 19 puntos
  • 2º – LICEO – 11 puntos
  • 3º – SPORTING – 10 puntos
  • 4º – BARCELOS – 10 puntos
  • 5º – OLIVEIRENSE – 7 puntos
  • 6º – BASSANO – 3 puntos
O duelo da primeira volta terminou con empate a dous goles. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Por outro lado, esta é a folla de ruta percorrida e por percorrer para os verdibrancos na máxima competición continental:

  • XORNADA 1 | LICEO vs. Oliveirense | Triunfo por 3-2
  • XORNADA 2 | Barcelos vs. LICEO | Derrota por 3-1
  • XORNADA 3 | LICEO vs. Sporting | Empate de 2-2
  • XORNADA 4 | LICEO vs. Bassano | Triunfo por 4-3
  • XORNADA 5 | Benfica vs. LICEO | Derrota por 4-2
  • XORNADA 6 | LICEO vs. Benfica | Empate de 4-4
  • XORNADA 7 | Bassano vs. LICEO | Triunfo por 2-3
  • XORNADA 8 | Sporting vs. LICEO (12 de marzo, 21:30h de España)
  • XORNADA 9 | LICEO vs. Barcelos (26 de marzo, 20:30h)
  • XORNADA 10 | Oliveirense vs. LICEO (16 de abril, horario por determinar)

Unha vez afrontada esta proba ante o Sporting, o Liceo deberá poñer a mente no duelo ligueiro ante o Noia do próximo domingo 15. Será no Pazo dos Deportes de Riazor poucos días antes de que se poña en marcha a Copa do Rei de (precisamente) Sant Sadurní.

Tres baixas e unha promoción

Juan Copa deberá superar neste duelo ata un total de tres baixas por diversas razóns. A primeira, a de Bruno Saavedra, todavía sancionado polo cartón vermello recibido na visita a Riazor do Benfica. Outra, por lesión: a de Toni Pérez, aínda convalecente da doenza sufrida fronte ó Bassano. A última, a de Dava Torres por precaución. O capitán xa non participou no recente empate contra o Reus (OK Liga).

Jaime Méndez entra na expedición que afrontará o partido

A lista queda polo tanto formada por nove xogadores, xa que a ela se suma o canteirán Jaime Méndez:

  • Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
  • Blai Roca – Porteiro, 20
  • Nil Cervera – 2 – 1 gol
  • Arnau Xaus – 3 – 5 goles
  • César Carballeira – Capitán, 5 – 3 goles
  • Jacobo Copa – 7 – 2 goles
  • Nuno Paiva – 11 – 2 goles
  • Fran Torres – 44
  • Jaime Méndez – 78

Un Sporting de gran potencial

O cadro lisboeta de Edo Bosch é un dos grandes clubes do hockey sobre patíns luso. Neste duelo contra o Liceo buscará ascender da súa actual terceira praza europea á segunda, precisamente a que ocupan os coruñeses. Só un punto separa a ambos.

O Sporting buscará neste duelo mellorar o resultado que colleitou en Riazor durante a primeira volta, cando empatou a dous e rozou a derrota. Os tantos visitantes foron obra de Nolito Romero e Rafael Bessa, mentres que polo Liceo anotaron Toni Pérez e César Carballeira.