Viaxe á capital co obxectivo do liderado

Viaxe á capital co obxectivo do liderado

30 de xaneiro de 2026


O Liceo visitará ó recén ascendido Hockey Rivas para completar a xornada 16 de Fase Regular (sábado 31, 17:00h).

O camiño de 26 paradas desta OK Liga ten o seu número 16 na capital de España. Ata alí viaxará o Liceo, xa preparado para visitar o Polideportivo Cerro do Telégrafo; ou o que é o mesmo, a casa do Hockey Rivas. As 17:00h do sábado 31 serán a hora clave para que galegos e madrileños comecen a patinar nun partido que se retransmitirá en directo vía OK LIGA TV.

Semana previa a dous grandes partidos

Nesta proba, os de Juan Copa teñen unha nova oportunidade para establecer todavía máis a súa posición entre a nobreza da clasificación. Agora mesmo o Liceo é segundo clasificado con 38 puntos, exactamente os mesmos que un Igualada que só ocupa a primeira por diferenza de goles. Tres unidades abaixo atópase o Barça, membro desa trinidade ata a súa derrota pasada na pista do Calafell.

Toni Pérez foi un dos goleadores na vitoria da primeira volta. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Precisamente os culés serán os seguintes rivais dos liceístas no que a competición doméstica se refire. O domingo 8 ás 12:00h, co Pazo dos Deportes como testemuña, ambos se enfrontarán para completar a xornada 17.

De todos modos, os dous deberán afrontar primeiro a data número seis da WSE Champions League. O xoves día 5, o Liceo recibirá tamén en Riazor a todo un Benfica (20:30h). Semana tan esixente como apaixonante.

Expedición sen Bruno Saavedra

No que ó partido contra o Rivas se refire, Juan Copa non poderá contar con Bruno Saavedra para a proba no Cerro do Telégrafo. Polo tanto, a lista de dez xogadores estará formada polo resto de integrantes do plantel. Son os seguintes:

  • Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
  • Blai Roca – Porteiro, 20
  • Nil Cervera – 2 – 7 goles
  • Arnau Xaus – 3 – 9 goles
  • César Carballeira – 5 – 10 goles
  • Jacobo Copa – 7
  • Dava Torres – Capitán, 8 – 9 goles
  • Nuno Paiva – 11 – 7 goles
  • Fran Torres – 44
  • Toni Pérez – 57 – 9 goles

Ante un Rivas fóra de perigo, pero aínda alerta

Dentro da condición de recén ascendido do Hockey Rivas, a súa décima posición con 16 puntos (catro máis que a primeira de descenso) pódese considerar como positiva, pero moi lonxe de definitiva. Por esa razón, o equipo adestrado por Xavi Ferrer recibirá ó Liceo coas maiores ganas de sumar de tres.

Todo sendo liderados por Sergio Martín, o actual quinto máximo realizador de toda a OK Liga só dous goles por detrás do primeiro. Son trece para o novísimo xogador do cadro capitalino, escudado polos seis logrados polo coruñés Pablo del Río.

O duelo da primeira volta, sen embargo, deixou bo sabor de boca para os verdibrancos: un 6-2 en Riazor grazas ós goles de Arnau Xaus (2), Bruno Saavedra (2), Toni Pérez e Nil Cervera. Por parte do Rivas anotaron o mencionado Sergio Martín e Adrián Pos.