6 de marzo de 2026
Roi Saavedra, segundo máximo anotador do equipo con 20 goles.
O equipo do Pichu Galvani enfrontarase este domingo ó Telecable (12:00h).
Proba número 19 para o equipo liceísta de OK Bronce, que esta fin de semana se desplazará a terras asturianas. Alí esperará o Telecable no seu Mata Jove, lugar que albergará o duelo entre o noveno e o décimo clasificado do Grupo Norte. Esto será o domingo 8 de marzo ás 12:00h.
O filial, dirixido polo Pichu Galvani, é ese noveno posicionado grazas a 21 puntos sumados. Son sete máis que os acumulados polo conxunto xixonés, ó que se enfrontará despois de igualar contra o Ordes no derbi galego da pasada fin de semana (2-2 con goles de Jaime Méndez e Xandro Fraga).
En Mata Jove enfrontaranse o noveno e o décimo clasificado da OK Bronce Norte
Tras este duelo, ó Liceo agárdalle outro enfrontamento comunitario máis. Será o domingo 15 contra Traviesas, os actuais sextos clasificados deste Grupo Norte da terceira categoría nacional.

