Tódolos socios do Deportivo Liceo poderán ver a súa estrea na OK Liga

Tódolos socios do Deportivo Liceo poderán ver a súa estrea na OK Liga

A OK Liga 21/22 comezará para o Liceo cun choque ante o Girona (sábado 25, 20:00h) e será testemuña o Pazo dos Deportes, que recibirá novamente ós socios e abonados que desexen asistir. Para iso, os club pon en marcha un sistema de petición de entradas baixo dous escenarios.

O primeiro deles está adicado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo. Por cuestións de aforo, haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo adicado á xestión da petición. Débese levar a cabo mediante a seguinte ligazón de Cluber:

https://bit.ly/3AwLUMB

Unha vez chegados ó Pazo, os liceístas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo.

O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo. Todo aquel interesado tan só deberá presentar o QR do seu carnet dixital. Poderase conseguir no perfil propio da web de Cluber, a falta de expedirse os distintivos físicos.

Deixa un comentario