Sorteada a WSE Champions League 25/26

Sorteada a WSE Champions League 25/26

2 de setembro de 2025


A Fase de Grupos iniciarase o 6 de novembro en Riazor e acabará en abril.

O Liceo xa coñece o seu camiño pola WSE Champions League 25/26, máxima competición continental de clubes. Encadrado no Grupo B, os de Juan Copa deberán enfrontarse a catro rivais portugueses e a un italiano: Barcelos, Sporting, Benfica, Oliveirense e Bassano.

Tal e como ocorreu na edición 24/25, a Fase de Grupos da Champions durará un total de 10 xornadas. A primeira delas xogarase o 6 de novembro en Riazor, mentres que a última terá lugar o 16 de abril do ano 2026. Clasificaranse os catro primeiros conxuntos de cada grupo e, esta vez, os oito disputarán directamente unha Final 8 do 6 ó 10 de maio (sede única). Non haberá cruces de Cuartos.

O calendario do Liceo na mencionada Fase de Grupos é o seguinte, cos horarios definitivos aínda por determinar:

  • XORNADA 1 | LICEO vs. Oliveirense (6 de novembro)
  • XORNADA 2 | Barcelos vs. LICEO (20 de novembro)
  • XORNADA 3 | LICEO vs. Sporting (11 de decembro)
  • XORNADA 4 | LICEO vs. Bassano (8 de xaneiro)
  • XORNADA 5 | Benfica vs. LICEO (22 de xaneiro)
  • XORNADA 6 | LICEO vs. Benfica (5 de febreiro)
  • XORNADA 7 | Bassano vs. LICEO (26 de febreiro)
  • XORNADA 8 | Sporting vs. LICEO (12 de marzo)
  • XORNADA 9 | LICEO vs. Barcelos (26 de marzo)
  • XORNADA 10 | Oliveirense vs. LICEO (16 de abril)

Deixa un comentario