O Senior feminino e o OK Prata defenden os seus liderados

O Senior feminino e o OK Prata defenden os seus liderados

Imaxe: Manu Boutureira.

O primeiro equipo logrou o liderado e agora ó filial tócalle defender o seu. O OK Prata do Deportivo Liceo regresa á acción nunha xornada 6 aparentemente sen incidentes relacionados coa COVID-19, así que Stanis García e os seus recibirán ó RC Jolaseta. Os liceístas son agora mesmo líderes do Grupo Norte con 10 puntos, empatados co HC Sant Just pero mellores en diferencia de goles (13 a 6). O partido terá lugar ás 19:00h.

O Jolaseta, dirixido por Víctor Sainz, ocupa a sétima posición con seis puntos froito de dúas vitorias e dúas derrotas. Contan con Jaime González, un dos pichichis da categoría con nove dianas.

O resto da xornada 6 no Grupo Norte, a disputar enteramente o sábado 21 de novembro, consta dos seguintes partidos:

  • Compañía de María – Manlleu (18:00h).
  • PHC Sant Cugat – CP Vilafranca (19:00h).
  • CP Tordera – SHUM Frit Ravich (19:45h).
  • CP Areces Pavitek – Finved Capellades (20:00h).
  • CAA Dominicos – HC Sant Just (20:30h).

O Senior feminino, contra o Raxoi

Por outra parte, o Deportivo Liceo da Liga Senior Autonómica feminina -tamén líder- disputará hoxe sábado 21 (20:00h) o seu segundo partido da tempada. Será ante o HC Raxoi, mesmo rival que no primeiro, pero esta vez como visitantes. Naquel compromiso, as liceístas xa derrotaron ó seu contendente por 7-0.

Os outros dous partidos da xornada 2 son os seguintes:

  • Diver Patín – Compañía de María (13:00h).
  • HC Borbolla – HC Cambre (13:00h).

Deixa un comentario