SEMANA DO SOCIO | Apóianos ante o Benfica e o Barça!

SEMANA DO SOCIO | Apóianos ante o Benfica e o Barça!

27 de xaneiro de 2026


Os días 5 e 8 de febreiro disputaranse en Riazor dous grandes partidos de Champions e OK Liga, para os que o Club pon en marcha varias promocións.

Os primeiros días de febreiro serán de emocións fortes para o Liceísmo. O equipo dirixido por Juan Copa afrontará en poucos días dous partidos de alta esixencia e ilusión, correspondentes a dúas competicións diferentes: a WSE Champions League e a OK Liga. Os rivais, respectivamente, o Benfica portugués e o Barça.

Os lisboetas visitarán o Pazo dos Deportes o xoves 5 ás 20:30h, mentres que os cataláns farán o propio o domingo 8 ás 12:00h. Dúas probas para as que o Liceo necesitará á súa xente, e por iso o Club pon en marcha varias iniciativas co obxectivo de que a casa do equipo sexa unha caldeira.

Entradas dobres a prezos inmellorables

Para empezar, o público xeral que queira apoiar ó equipo terá á súa disposición unha entrada dobre que incluirá o acceso ós dous compromisos. Estará á venda de forma online mediante a plataforma Cluber. Os prezos son os seguintes:

  • ENTRADA NORMAL: 10€
  • ENTRADA PARA MENORES DE 25 ANOS: 7€
  • ENTRADA PARA MENORES DE 15 ANOS: 5€

A idade da persoa poseedora do pase deberá cadrar, xa que do contrario non poderá acceder ó recinto.

Invitacións para socios

Por outro lado, os socios do Liceo (que poderán entrar utilizando o seu carnet) terán a oportunidade de solicitar invitacións para acudir ós partidos cos acompañantes que desexen.

Estas deberanse pedir a unha das seguintes dúas vías: a canle oficial de WhatsApp do Club (613 21 70 66) ou o correo administracion@hockeyclubliceo.com. Ambas tomarán nota da solicitude para posteriormente enviar as invitacións.

Fagamos do Pazo una caldeira para estes dous grandes días de hockey!