Riazor e Lleida para pechar 2025

Riazor e Lleida para pechar 2025

13 de decembro de 2025


O Liceo disputará este domingo 14 (12:00h) o último partido do ano natural, previo ó parón navideño.

O domingo traeralle ó Pazo dos Deportes de Riazor o último partido oficial do Liceo no ano 2025. Os homes de Juan Copa recibirán ás 12:00h ó Lleida en encontro correspondente á duodécima xornada de Fase Regular, penúltima tamén da primeira volta.

Hockey e parón para as festas

Este exame, dirixido na pista polos árbitros Josep Antoni Ribó Navarro e Nicolás Morandeira Sánchez, precederá a un parón competitivo que durará ata o 4 de xaneiro do novo 2026. Ese será o momento no que o Liceo viaxará a Alcoi para finiquitar a primeira volta e determinar de que posto partirá para o sorteo da próxima Copa do Rei, competición coa clasificación matemática xa lograda como cabeza de serie.

O hockey non regresará para o Liceo ata o 4 de xaneiro do novo 2026

Actualmente, os de Juan Copa ocupan a terceira praza con 26 puntos sobre 33 posibles grazas a oito vitorias, un empate e unha derrota. O Igualada e o Barcelona, ambos con 28, son os dous únicos equipos que o superan na clasificación. Por detrás, na cuarta e na quinta, seguen o Calafell (20) e o Reus (19).

En referencia ó partido ante o Lleida deberase xestionar tamén o esforzo físico realizado no recente compromiso de Champions contra o Sporting de Portugal, disputado o pasado xoves con empate a dous tantos.

Once dispoñibles coa obriga dun descarte

O preparador coruñés volverá contar co bendito problema de ter que elixir. Con todo o seu plantel dispoñible, a obriga de presentar un máximo de dez convocados fará que Copa deba realizar un descarte.

Así as cousas, os homes dispoñibles volverán ser os seguintes:

  • Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
  • Blai Roca – Porteiro, 20
  • Nil Cervera – 2 – 6 goles
  • Arnau Xaus – 3 – 7 goles
  • César Carballeira – 5 – 6 goles
  • Jacobo Copa – 7
  • Dava Torres – Capitán, 8 – 6 goles
  • Nuno Paiva – 11 – 5 goles
  • Bruno Saavedra – 13 – 5 goles
  • Fran Torres – 44
  • Toni Pérez – 57 – 6 goles

Fronte a un Lleida co deber de sumar

O conxunto comandado por Edu Amat atópase nunha situación complicada clasificatoriamente falando. Ocupa actualmente a undécima praza cun total de once puntos sumados, moi preto dos postos de descenso á OK Prata. Polo tanto, a visita a Riazor cobra gran importancia.

Este enfrontamento ante o Liceo suporá para o Lleida a oportunidade de poñer fin a unha racha realmente negativa de catro derrotas seguidas, a máis recente por 0-1 ó recibir ó Sant Just.