17 de outubro de 2025
O Liceo, de novo en casa, buscará acumular unha vitoria máis que lle afiance na zona nobre da OK Liga (sábado 18, 19:00h).
Chegou o momento de acabar unha semana marcada pola euforia, pero tamén pola esixencia. Tralo gran triunfo do Liceo no Palau Blaugrana do Barça, ós muchachos de Juan Copa tócalles agora loitar polo cuarto seguido. Será o Calafell quen visite o Pazo dos Deportes coa misión de impedilo (sábado 18, 19:00h).
Esixencia física con resultados e unha nova meta
O partido dirixido por Miguel Díaz Cosme e Alberto Pérez será o correspondente á quinta data da Fase Regular da OK Liga. Unha na que o Liceo empezou de gran forma: son tres triunfos e un empate en catro partidos disputados, útiles para alzarse na segunda praza da táboa só por detrás do Reus (10 puntos fronte ós 12 do único participante con pleno).
O Liceo ocupa actualmente a segunda posición da Fase Regular con 10 puntos sobre 12 posibles.
Sen embargo, o sábado tocará loitar non só contra o rival, senón tamén contra a factura física froito do recente Clásico. Foi nun martes de xornada intersemanal, unha que por outra parte contou coa participación de tódolos equipos.
Sen novidades na convocatoria liceísta
Juan Copa, técnico dos verdibrancos, contará para este novo choque cos mesmos xogadores que veñen participando dos últimos compromisos. Segue polo tanto a baixa de Fran Torres, que aínda coa alta médica todavía permanece no seu proceso de reincorporación.
Os homes que se enfrontarán ó Calafell serán os seguintes:
- Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
- Blai Roca – Porteiro, 20
- Nil Cervera – 2
- Arnau Xaus – 3
- César Carballeira – 5
- Jacobo Copa – 7
- Dava Torres – Capitán, 8
- Nuno Paiva – 11
- Bruno Saavedra – 13
- Toni Pérez – 57
Ante un Calafell protagonista dun bo inicio
A Galicia chegará o conxunto capitaneado por Guillem Cabestany, ocupante do banquiño do Calafell ademais do da selección nacional española. Dirixe un grupo do que tamén forma parte Martí Serra, gardián da portería do Liceo ata o pasado verán.



Os cataláns son un dos dous únicos cadros con tres partidos disputados en vez de catro, debido á presenza recente do Barça (o seu rival) no Mundial de Clubes. Deles colleitaron dous triunfos (Rivas, Sant Just) e unha derrota na pista do Igualada. Dentro destas circunstancias, ocupa a sétima praza da clasificación con seis puntos.

