7 de xaneiro de 2026
O primeiro partido europeo do ano enfrontará ó Liceo e ós italianos co Pazo como escenario (xoves 8, 20:30h).
A WSE Champions League do 2026 xa está aquí en forma de duelo galego-italiano. O do xoves ás 20:30h será o momento no que o Liceo recibirá en Riazor ó Bassano, un partido correspondente á cuarta xornada da Fase de Grupos. Os árbitros portugueses Silvia Coelho e Pedro Silva serán os encargados de impartir xustiza.
Hora da cuarta proba
O certo é que todavía non se chegou ó ecuador deste sector inicial de competición. A do Bassano será a cuarta xornada, terceira no Pazo dos Deportes, dentro dun total de dez que durarán ata mediados de abril. Posterior a ela xogarase unha Final 8 en sede única, formada polos catro primeiros clasificados de cada un dos dous Grupos.
O Liceo ocupa actualmente a terceira praza do Grupo B
O camiño percorrido e por percorrer dos verdibrancos no Grupo B é o seguinte:
- XORNADA 1 | LICEO vs. Oliveirense | 3-2
- XORNADA 2 | Barcelos vs. LICEO | 3-1
- XORNADA 3 | LICEO vs. Sporting | 2-2
- XORNADA 4 | LICEO vs. Bassano (8 de enero, 20:30h)
- XORNADA 5 | Benfica vs. LICEO (22 de enero, 20:30h de Portugal)
- XORNADA 6 | LICEO vs. Benfica (5 de febrero, 20:30h)
- XORNADA 7 | Bassano vs. LICEO (26 de febrero, 20:45h)
- XORNADA 8 | Sporting vs. LICEO (12 de marzo, 20:30h de Portugal)
- XORNADA 9 | LICEO vs. Barcelos (26 de marzo, 20:30h)
- XORNADA 10 | Oliveirense vs. LICEO (16 de abril, horario por determinar)
Por outro lado, a clasificación tras tres xornadas é a seguinte:
- 1º – BENFICA – 9 puntos
- 2º – SPORTING CP – 7 puntos
- 3º – LICEO – 4 puntos
- 4º – OLIVEIRENSE – 3 puntos
- 5º – BARCELOS – 3 puntos
- 6º – BASSANO – 0 puntos
Despois da disputa desta proba de Champions, o Liceo deberá viaxar a Maçanet para enfrontarse á data número 14 da OK Liga. Será a primeira da segunda volta, a xogar o domingo día 11 (12:30h) no Pavelló Municipal da localidade xerundense.



Todos dispoñibles pendentes dun descarte
Juan Copa conta para este choque con todo o seu plantel, aínda que deberá descartar a un xogador para non superar os dez permitidos nas convocatorias. Polo tanto, deberá elixilos de entre os seguintes once:
- Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
- Blai Roca – Porteiro, 20
- Nil Cervera – 2 – 1 gol
- Arnau Xaus – 3 – 1 gol
- César Carballeira – 5 – 2 goles
- Jacobo Copa – 7 – 1 gol
- Dava Torres – Capitán, 8
- Nuno Paiva – 11
- Bruno Saavedra – 13
- Fran Torres – 44
- Toni Pérez – 57 – 1 gol
Ante un dos xigantes de Italia
A Galicia chegará o Bassano, dirixido por Alessandro Bertolucci e ocupante da segunda praza da súa competición doméstica só por detrás do Trissino (tamén participante desta Champions). A única diferenza entre eles reside sen embargo en que os primeiros empataron nunha ocasión máis, posto que os dous permanecen invictos.
A nivel europeo a cousa complícase para os transalpinos, últimos do Grupo B co casilleiro sen estrear. Os seus tres encontros, todos ante portugueses, terminaron con derrotas: 4-2 na casa do Benfica, 5-0 na do Sporting e 1-3 na visita do Oliveirense a Italia. En Riazor buscarán romper esta racha.

