10 de outubro de 2025
O Liceo atopará en Riazor ós madrileños (sábado, 19:00h) para empezar sete días con dous encontros máis ante Barça e Calafell.
Avecíñase unha semana de emocións intensas para un Liceo que, antes de preocuparse polo que virá, céntrase na nova xornada de OK Liga que marcará este sábado. O hockey volve a Riazor coa visita do Hockey Rivas, rival recén regresado á máxima categoría (19:00h).
O encontro do Pazo dos Deportes estará dirixido polos árbitros Albert Barba e Jordi Reverter, con Carlos Chouciño como asistente. Implicará a terceira xornada da Fase Regular, todavía inmersa nos seus primeiros partidos.
Previa con bo sabor de boca
Juan Copa e os seus xogadores chegarán a esta data coa boa nova do triunfo logrado en Cerdanyola (2-5). Foi o primeiro sumatorio de tres da Fase despois de empatar ante o SHUM (3-3). Os verdibrancos acumulan agora catro unidades para ocupar precisamente a cuarta plaza da táboa clasificatoria.



A esixencia non será sinxela nos sete días que se achegan. Ademais do partido contra o Hockey Rivas, a expedición liceísta deberá facer as maletas para visitar este martes o Palau Blaugrana do Barça (20:00h). O Clásico disputarase entre semana. Posteriormente, con Riazor de novo como escenario, o Liceo recibirá ó Calafell para pechar este pequeno maratón de hockey (sábado 18, 19:00h).
Todos dispoñibles salvo Fran Torres
O preparador coruñés contará para esta xornada con tódolos seus xogadores salvo un: o arxentino Fran Torres, que a pesar de disfrutar da alta médica todavía non se atopa en condicións de competir. Tombita, a pesar diso, xa adestra co resto dos seus compañeiros e a súa volta espérase pronto.
En base a isto, os dez homes que sairán á pista contra o Rivas serán os seguintes:
- Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
- Blai Roca – Porteiro, 20
- Nil Cervera – 2 – 1 gol
- Arnau Xaus – 3
- César Carballeira – 5 – 4 goles, pichichi actual da OK Liga
- Jacobo Copa – 7
- Dava Torres – Capitán, 8 – 1 gol
- Nuno Paiva – 11
- Bruno Saavedra – 13 – 1 gol
- Toni Pérez – 57 – 1 gol
Un Rivas recén ascendido con ganas de dar un golpe na mesa
O segundo rival que patinará no Pazo dos Deportes será, como o SHUM, unha cara nova da presente OK Liga. Aínda que con pasado recente na máxima categoría, o Hockey Rivas regresou para este curso 25/26 e procurará conservar o estatus da man do técnico Eduard Granel. De momento permanece fóra dos postos de descenso despois de sumar un empate ante o Sant Just (3-3) e unha derrota na pista do Calafell (4-2).



Os xogadores que tratarán de sumar en Galicia serán os seguintes:
- Marc Castañer – Porteiro, dorsal 1
- Rodrigo Ruiz – Porteiro, 99
- Javier Verdú – 6 – 1 gol
- Gerard Escolà – 7
- Iñigo Artacho – 8 – 2 goles, máximo anotador
- Curro Fernández – Capitán, 14
- David Sánchez – 19
- Sergio Martín – 30 – 1 gol
- Pablo del Río – 77 – 1 gol
- Adrián Pos – 95

