27 de febreiro de 2026
Riazor albergará o domingo (12:00h) un duelo entre o Liceo líder e o segundo clasificado da OK Liga.
Non hai dúbida de que o mellor partido da 20º xornada de OK Liga se xogará en Riazor. Estará protagonizado polo Liceo, líder, contra un Igualada que é agora mesmo o seu máis inmediato perseguidor. Duelo por todo o alto no Pazo dos Deportes, que o domingo ás 12:00h se engalanará de novo para apoiar ós seus e ser o sexto xogador.
Tramo final da Fase Regular
Son só sete encontros para que termine e se deixe paso a uns playoffs para os que os de Juan Copa xa están matemáticamente clasificados. Esa primeira posición é realidade grazas a 50 puntos froito de 16 vitorias, dous empates e unha única derrota precisamente en Les Comes contra o Igualada. Números importantes no camiño hacia o obxectivo.
O Liceo só tropezou en tres dos 19 partidos ligueiros que disputou, sumando 16 vitorias
Ademais de en casa ante os igualadinos, o Liceo deberá afrontar probas contra o Reus (fóra), o Noia (casa), o Voltregà (fóra), o Caldes (casa), o Lleida (fóra) e o Alcoi (casa) para pechar este gran primeiro acto da OK Liga 25/26.
Baixa de Toni Pérez
O domingo non só existirá o condicionante físico de ter xogado este xoves ante o Bassano en Champions (con triunfo por 2-3). Tamén o da lesión sufrida por Toni Pérez nesa visita a Italia. Será baixa para o duelo contra o Igualada e ata os aproximadamente dous meses despois dunha doenza no nocello.



Polo tanto, os dez xogadores que participarán na pista de Riazor serán os seguintes:
- Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
- Blai Roca – Porteiro, 20
- Nil Cervera – 2 – 8 goles
- Arnau Xaus – 3 – 9 goles
- César Carballeira – 5 – 13 goles
- Jacobo Copa – 7
- Dava Torres – Capitán, 8 – 11 goles
- Nuno Paiva – 11 – 8 goles
- Bruno Saavedra – 13 – 9 goles
- Fran Torres – 44
Un Igualada poderoso e eléctrico
O gran traballo realizado por Marc Muntané e os seus xogadores queda evidenciado pola súa posición na clasificación. Esa segunda praza, con 43 puntos, vén despois de 13 vitorias, catro empates e dúas derrotas. Un deses triunfos chegou precisamente na primeira volta contra o Liceo, cun contundente 4-0 en Les Comes.
De todos modos, se o Liceo deberá superar a carga física da Champions, nos cataláns non será diferente. Todo dentro dun partido que esixiu ata o final, tras empatar sen goles contra o Reus.

