5 de decembro de 2025
O Liceo disputará na Torre Roja (sábado 6, 20:00h) a undécima data da Fase Regular.
A OK Liga non se detén para o Liceo de Juan Copa, que esta fin de semana afrontará a súa antepenúltima proba antes do parón navideño. Esta corresponderá á undécima xornada da Fase Regular e levará ós verdibrancos á Torre Roja, pista do Caldes (sábado 6, 20:00h). O encontro poderase seguir en directo e de balde por OKLIGA.TV e estará dirixido polos árbitros Iván González e Raúl Burgos.
Nova oportunidade de afianzar a zona nobre
Para o Liceo esta será unha nova chance de asimilar todavía máis o seu gran rendemento na competición doméstica. Ocupa actualmente a terceira praza da clasificación con 23 puntos, froito de sete vitorias, dous empates e unha única derrota. A súa distancia é xa de seis unidades co cuarto posicionado (Calafell) e está a tiro de alcanzar o liderado agora mesmo marcado por 25 puntos.
O Liceo é agora mesmo terceiro con 23 puntos, só dous menos cós que conforman o liderado
Tralo partido ante o Caldes só restarán dous para oficializar a pausa navideña de tódalas competicións. Ambos, ademais, en Riazor. Primeiro tocará recibir ó Sporting de Portugal (xoves, 20:30h) na terceira xornada de Champions; para posteriormente facer o mesmo co Lleida na duodécima data de OK Liga (domingo 14).
Plantel dispoñible ó completo e suxeito a un descarte
O míster coruñés volverá a ter o bendito problema de elixir entre os once xogadores que conforman o seu plantel. Esta vez, o descarte para o encontro na Torre Roja será Jacobo Copa. Martín Rodríguez, Fran Torres e Bruno Saavedra atópanse un partido máis en plenas condicións de competición.
Polo tanto, a lista dos xogadores que se trasladarán a Cataluña será a seguinte:
- Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
- Blai Roca – Porteiro, 20
- Nil Cervera – 2 – 6 goles
- Arnau Xaus – 3 – 6 goles
- César Carballeira – 5 – 6 goles
- Dava Torres – Capitán, 8 – 4 goles
- Nuno Paiva – 11 – 5 goles
- Bruno Saavedra – 13 – 5 goles
- Fran Torres – 44
- Toni Pérez – 57 – 5 goles
Un Caldes nunha situación complicada
Non é o mellor momento para o equipo dirixido durante os últimos anos por Eduard Candami, que a día de hoxe ocupa a última praza da OK Liga con 4 puntos (un triunfo, un empate e oito derrotas).



Non axudou a esa racha o mal resultado colleitado este mércores día 3 na pista do Sant Just, onde caeu por 3-1. O Caldes é ademais o conxunto menos goleador da división con 18 dianas, menos de dúas por partido. A pesar de todo isto, a fortaleza da Torre Roja sempre supón un extra de dificultade que esta vez lle tocará xestionar ó propio Liceo.

