Primeira proba de 2026 para o filial de OK Bronce

Primeira proba de 2026 para o filial de OK Bronce

9 de xaneiro de 2026


Jaime Méndez. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O equipo do Pichu Galvani empezará o ano en Elviña II fronte a Escola Lubiáns (domingo 11, 12:30h).

O novo 2026 non só empeza para o primeiro equipo do Liceo, senón tamén para o seu filial. O equipo de OK Bronce, dirixido polo Pichu Galvani, xogará este domingo 11 o seu partido inaugural do ano natural. O rival, o Escola Lubiáns en Elviña II (12:30h). Será o primeiro encontro como local dos dous seguidos que afrontarán os liceístas, sendo o seguinte o domingo 17 á mesma hora fronte ó Mieres.

O Liceo empezará 2026 con dúas probas como local

A aventura dos verdibrancos no Grupo Norte da terceira categoría nacional marcha actualmente desde a novena posición con 14 puntos. En 2026 tocará alongar a boa racha que despediu 2025, con dúas vitorias de local (Oviedo Roller, Patinalon) e un empate na pista do Santutxu.

Esta OK Bronce alongarase ata finais de maio, cando se cumprirá a xornada número 26 de competición.