PREVIA OK LIGA FEM (X21) | Duelo ante o Vilanova

PREVIA OK LIGA FEM (X21) | Duelo ante o Vilanova

A división masculina parará pola Golden Cup, pero a OK Liga Feminina continúa o seu curso natural. Esta vez traeralle ó Deportivo Liceo outra proba en forma de visita a Cataluña, a disputar contra o Vilanova (domingo 10, 13:00h) na localidade do mesmo nome. Será a 21º data dunha competición que durará 26 na súa fase regular.

Unha nova oportunidade para sumar de tres e continuar o excelente ano 2022 das xogadoras dirixidas por Stanis García, responsables dunha importante escalada clasificatoria. Actuais sextas con 32 puntos, por detrás dos cinco trasatlánticos da categoría, as verdibrancas buscarán outro triunfo que permita distanciarse do perseguidor Igualada (30 unidades). O Cerdanyola, quinto, continúa lonxe con 40.

Un Vilanova en problemas

Poucos aspectos positivos ensina o rexistro actual do conxunto de Enric Batlle, penúltimo clasificado da OK Liga Feminina. Colocáronlle aí as 17 derrotas sufridas ó longo do curso, únicamente pulidas por dúas vitorias e un empate que suman sete puntos. Tan só o Girona empeora estes datos.

O Vilanova tan só suma sete puntos en 20 partidos

A primeira volta tampouco será un espello no que se poidan mirar. A visita ó Pazo dos Deportes de Riazor rematou cun 4-1 favorable ó Deportivo Liceo (tres tantos de Adriana Soto e un de Naiara Vaamonde), aínda que nada estará sentenciado ata que finalice o partido.

Lista de oito convocadas

Stanis García viaxará a Vilanova cunha lista curta de xogadoras, aínda que competirán ata o final. Condición innegociable na filosofía dun equipo que contará con Viki Caretta, Mencía Mosquera, María Sanjurjo, Alejandra Martín, Alba Garrote, Lara Yáñez, Luchy Paz e Adriana Soto.

Deixa un comentario