19 de marzo de 2025
Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O Deportivo Liceo afrontará no Joan Ortoll unha nova data na que poder consolidar a segunda praza (mércores 19, 20:30h).
Volven os partidos intersemanais e esta vez con cor de OK Liga. Ó Deportivo Liceo tócalle visitar Calafell, recente sede da Copa do Rei, pero esta vez co obxectivo de reforzar todavía máis a segunda praza desta Fase Regular.
O partido, que se xogará ás 20:30h do mércores no Pavelló Joan Ortoll, estará dirixido desde o punto de vista arbitral por Albert Barba Gómez-Álvarez e Oriol Garriga Mas; con Salvador Besora del Fresno como auxiliar. Como é habitual, poderase ver en directo e de balde a través da canle de YouTube de OK LIGA TV.
Un final de marzo tan intenso como emocionante
O do Calafell será un dos moitos partidos que marcarán a un final de marzo trepidante. Trala visita a Cataluña tocará recibir en Riazor ó Noia (domingo 23, 12:00h), mentres que o seguinte xoves o Pazo volverá a ser a casa do Liceo en clave europea. O día 27, co Barcelos como rival, terá lugar a ida dos Cuartos de Final da WSE Champions League.



No máis próximo, os de Juan Copa deberán saltar á pista do Joan Ortoll para defender e fortificar unha segunda posición que agora mesmo poseen con 43 puntos. Terceiro é o Reus con 39, catro menos, tralo seu tropezo contra o Vilafranca e a recente vitoria verdibranca contra o Alpicat (8-3). Tras este choque tan só restarán cinco para que remate a Fase Regular.
Lista de convocados
O preparador do Deportivo Liceo tivo ata o último momento a dúbida de Martín Rodríguez, aqueixado de enfermidade, pero a presenza do porteiro coruñés está asegurada.
A baixa confirmada segue sendo a do Tato Ferruccio, que cumplirá o segundo dos seus catro encontros de sanción. Pablo Cancela, a pesar de contar xa coa alta médica, todavía non está en condicións de competir.
Así as cousas, os nove xogadores que estarán no Joan Ortoll serán os seguintes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2
- Arnau Xaus | 3
- César Carballeira | 5
- Jacobo Copa | 7
- Dava Torres | Capitán, 8
- Fabri Ciocale | 9
- Bruno Saavedra | 13
Regreso ó Joan Ortoll
É a casa do Calafell, que acolleu a recente Copa do Rei. O conxunto de Guillem Cabestany caeu entón na primeira rolda co Reus como verdugo. No que se refire á OK Liga, as 20 xornadas disputadas ata agora sitúan ó equipo nunha boa cuarta plaza (35 unidades), sen embargo a última non deixou un resultado positivo para os seus intereses: un 5-2 na casa do Lleida.
O Calafell ocupa a cuarta posición con 35 puntos.
Cabestany contará cos seguintes xogadores para loitar polos tres puntos, previo descarte de dous deles:
- Gerard Camps | Porteiro, dorsal 10
- Josep María Virgili | Porteiro, 82
- Jan Escala | 6
- Jero García | 8
- Biel Romeu | 11
- Ishak Bouda | 22
- Jepi Selva | 29
- Sergi Miras | Capitán, 55
- Carles Domenech | 66
- Aleix Marimon | 74
- Joaquín Olmos | 77
- Sergi Folguera | 83
O choque da primeira volta, disputado en Riazor, deixou un triunfo de cor verdibranca. Foi cun 6-3 grazas ós tantos de Arnau Xaus (3), César Carballeira, Jacobo Copa e Bruno Saavedra. Para o Calafell anotaron Miras (2) e Olmos.

