PREVIA OK LIGA (X13) | Novo ano, mesma loita

O Deportivo Liceo estreará a OK Liga de 2022 recibindo ó Manlleu (sábado 8, 20:00h, HOCKEY GLOBAL).

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Volve a competición. O Pazo dos Deportes será de novo a casa do hockey sobre patíns na estrea verdibranca do ano 2022. O primeiro choque do Deportivo Liceo nesta etapa será ante o Manlleu (sábado 8, 20:00h, HOCKEY GLOBAL), que á súa vez pechará a volta inicial da tempada.

Aire e motivación renovados co único obxectivo de loitar por todo ata a fin. Iso están a facer Juan Copa e os seus xogadores, segundos na clasificación só detrás dun Barça (36 puntos) que gañou tódolos partidos. O Liceo conta con 29 unidades froito doutro excelente rexistro de nove vitorias, dous empates e unha soa derrota.

Unha lista marcada polas baixas

O técnico coruñés deberá lidiar cos problemas físicos e as sancións que acusa o seu plantel. Jordi Adroher e Maxi Oruste non patinarán por lesión, mentres que Marc Grau tampouco será da partida polo segundo motivo. Serán sustituidos por Nanu Castro (xa habitual do primeiro equipo) e Fran Torres.

Esta convocatoria estará completada por Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Dava Torres, Jordi Burgaya, Àlex Rodríguez e Roberto Di Benedetto.

Juan Copa agarda un Manlleu “valente”. Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Juan Copa ten moi claro como afrontar o choque, a pesar de tódalas baixas mencionadas, para continuar fortes: “Intentaremos manter as distancias coa xente que está detrás e apretar ó líder. Nesta primeira volta tivemos moitos problemas coas baixas e mañá será igual, pero intentaremos pechala con vitoria”.

Un Manlleu supervivente

O visitante desta ocasión será un recén ascendido á OK Liga. O Manlleu de Quim Casalí, un clásico do hockey nacional, adaptouse ben á categoría a pesar de que non se librará dunha complicada loita pola salvación.

Actualmente son undécimos tras sumar dez puntos en tres triunfos, un empate e oito derrotas (catro delas recentes e de xeito consecutivo). Mérito importante dos seus logros vanse a dous xogadores: Biel Pujadas e Aleix Borregán, protagonistas de doce e dez tantos respectivamente.

Biel Pujadas (dorsal 47) celebra uno de sus doce goles anotados hasta ahora en la presente OK Liga.

Juan Copa agarda un rival atrevido: “É un equipo novo e valente que intentará facer dano sobre todo en transicións. Sabemos o que imos atopar”.

Como ir ó Pazo dos Deportes?

Por 5€, ou incluso de xeito gratuito, tódolos liceístas que o desexen poderán asistir a Riazor para desfrutar deste partido. Organizáronse os tres escenarios habituais de adquisición.

O primeiro deles está novamente destinado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo. Haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo adicado á xestión, a realizar mediante o seguinte link de Cluber:

Na chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo. Serán indispensables para poder acceder.

O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán mostrar o código QR do seu carnet dixital á hora de entrar. Será a medida habitual mentres se xestionen os pases físicos. Polo tanto, neste caso non será necesaria maior xestión.

Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas a un prezo de 5€ cada unha. Adquiriranse de xeito online mediante outra ligazón de Cluber:

Normativa sanitaria de acceso

Ademáis de presentar os documentos anteriores, tamén será necesario un paso máis. Trala publicación do DOGA do 17 de decembro esíxese que, nas instalacións deportivas que esperen unha afluencia superior a 200 espectadores, se comprobe antes do acceso que os asistentes maiores de 12 anos estén en posesión dalgún documento que acredite unha destas situacións:

  • Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Reglamento (CE) nº 726/2004.
  • Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas no caso dos tests de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán están enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01 do Consello de Europa.
  • Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa debe ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 fai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, non sendo válido outro tipo de test.
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario