Imaxe: HOCKEY GLOBAL.
Un título en xogo. Todo por decidir. A pesar do 2-0 en contra que de momento deixan estas finais pola OK Liga, o Pazo dos Deportes deberá ser un inferno verdibranco que axude a Juan Copa e ós seus xogadores. Por iso, o club recuperará unha antiga medida aplicada este mesmo ano para que o terceiro partido (xoves 15, 20:00h) convoque ó maior número posible de Liceístas.
Todos aqueles que acudan a Riazor cunha prenda verde poderán entrar de xeito totalmente gratuito. Non haberá necesidade de adquirir entradas de ningunha clase.
Declaracións de JUAN COPA tralo #BarçaLiceo con CHAMAMENTO Ó #LICEÍSMO.
Este xoves TODOS A RIAZOR para loitar. CON TODO!
🟢⚪🟢 pic.twitter.com/I4vIqlV7Rv
— Hockey Club Liceo (@HockeyClubLiceo) June 10, 2023
De todas formas, as taquillas do Pazo estarán abertas desde as 19:00h do mencionado xoves con entradas a 5€ para público xeral. Tamén a venda online, vía Cluber mediante este enlace.
Os socios e abonados tamén poderán entrar ensinando credenciais.
Como ben dixo o noso adestrador ó finalizar o segundo encontro do Palau Blaugrana, este equipo necesita máis que nunca á súa gran afección. Loitemos xuntos ata o final!
Continúa a promoción para os máis pequenos
Ademáis do mencionado, neste partido continuará a política aplicada polo club durante toda a tempada. Os Liceístas máis pequenos poderán entrar gratis se cumpren unha das tres opcións recollidas na seguinte imaxe. Aquí podes consultar toda a información ó respecto. Contamos con vós!