3 de outubro de 2025
Juan Copa e os seus xogadores disputarán este sábado a segunda xornada de OK Liga (Can Xarau, 20:00h).
A Fase Regular da OK Liga non para: é o momento da primeira viaxe do curso, con Cerdanyola como destino e a segunda xornada como obxectivo. Este sábado ás 20:00h, con Can Xarau como testemuña, o Liceo loitará polo seu primeiro triunfo da 25/26. O partido estará dirixido polos árbitros David Cantos Bonales e Alberto Pérez Pérez, con Pol Bonastre Sanz como auxiliar.
O encontro poderase seguir novamente pola OTT de estrea da Real Federación Española de Patinaxe: a web OKLIGA.TV, con streaming en directo e á carta.
Remontar o voo
Os verdibrancos buscarán na súa viaxe inaugural a Cataluña da presente OK Liga a oportunidade de sumar de tres por primeira vez. Non puido ocorrer na estrea de Riazor, xa que a visita do SHUM Maçanet rematou cun 3-3: así o determinou un gol postreiro dos cataláns. Iso implica que, actualmente, o Liceo suma unha unidade de tres posibles na táboa da Fase Regular.



Tras esta viaxe a Cerdanyola tocará regresar a Riazor, aínda que se aveciñará unha semana natural con ata tres compromisos: Hockey Rivas (sábado 11, casa), Barça (martes 14, fóra) e Calafell (sábado 18, casa).
Alta médica para Fran Torres, aínda que con cautela
A boa nova da semana en canto a plantel reside na alta médica de Fran Torres, xa recuperado da lesión que finalizou prematuramente o seu curso 24/25. De todos xeitos, o atacante arxentino todavía non formará parte da expedición liceísta.
Estará formada polos seguintes homes, destacando tamén o regreso de Martín Rodríguez á portería:
- Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
- Blai Roca – Porteiro, 20
- Nil Cervera – 2
- Arnau Xaus – 3
- César Carballeira – 5 – 1 gol
- Jacobo Copa – 7
- Dava Torres – Capitán, 8 – 1 gol
- Nuno Paiva – 11
- Bruno Saavedra – 13 – 1 gol
- Toni Pérez – 57
O Cerdanyola regresa á OK Liga
Un dos recén ascendidos para o presente curso é o Cerdanyola, equipo histórico do hockey nacional que sen embargo tivo pouca fortuna no seu partido de reestrea. O equipo de Diego Mir, o adestrador do ascenso, viaxou sen sorte á pista do Sant Just (6-3 favorable ós locais).
O debut do Cerdanyola no curso non foi afortunado, cunha derrota na casa do Sant Just (6-3)
Con Can Xarau como fortín e a presenza de varios exliceístas, os xogadores que buscarán os tres puntos ante o Liceo serán os seguintes:
- Gerard Pérez – Porteiro, dorsal 1
- Francisco Veludo – Porteiro, 32
- Abel Moya – 8
- Marc Vázquez – 11 – 1 gol
- Marc Coy – Capitán, 23
- Álvaro Giménez – 37
- Sergi Miras – 55 – 2 goles
- Xavi Rovira – 74
- Guille de Moya – 81
- Nil Cordón – 99

