18 de decembro de 2025
Riazor abrirá as súas portas o día 26 de decembro para una nova comuñón entre equipo e seguidores.
As festas de Nadal volverán servir, entre outras moitas cousas, para que o Liceo e a súa afección sexan un de novo. O venres 26 de decembro, de 18:00h a 19:30h, o Pazo dos Deportes de Riazor abrirá para que tódolos Liceístas que o desexen poidan vivir co equipo un novo adestramento público.
As portas do pabillón abrirán desde as 17:45h para que, ademais de acudir á mencionada sesión, os afeccionados tamén poidan adquirir o novo merchandising do Club nos puntos de venda que se habilitarán. Finalizado o adestramento, tanto equipo como afección realizarán un brindis para celebrar todos xuntos as festas.
Elementos de, en definitiva, un encontro que demostrará outra vez o que somos: unha gran familia. Agardámosvos en Riazor!




