8 de setembro de 2025
Riazor abrirá as súas portas para que todo aquel que o desexe poida animar ós seus ante o Barcelos.
O 13 de setembro é o día elixido para que o Liceo se presente ante os seus. Ese sábado ás 19:00h, o Pazo dos Deportes de Riazor será o punto de encontro entre xogadores e afeccionados de cara ó xa inminente comezo do curso 25/26.
A casa dos de Juan Copa abrirá as súas portas para que todo aquel que o desexe poida disfrutar dun duelo de alto nivel fronte ó Barcelos portugués. Hockey, espectáculo e moitos reencontros dentro dunha tarde que promete ser de emocións fortes.
Este duelo amistoso de inauguración terá lugar xusto unha semana antes do inicio oficial da competición. Será o 20 de setembro cando comece a Supercopa de España, cunhas semifinais que emparellan ó Liceo co Barcelona. Ambos enfrontaranse en Igualada ás 18:45h. Sete días despois será o turno da OK Liga, que se estreará en Riazor ante o SHUM.

