24 de febreiro de 2026
A acción, coordinada co Banco de Alimentos de Rías Altas, terá lugar no partido de OK Liga do domingo 1 de marzo.
Ante o Igualada, Obxectivo Tonelada. O partido que xogará o Liceo o próximo domingo 1 de marzo non só terá carácter deportivo, senón tamén solidario. Nunha acción coordinada xunto ó Balrial (Banco de Alimentos de Rías Altas), o Pazo dos Deportes recibirá a todo aquel que queira axudar ós máis desfavorecidos.
As persoas interesadas poderán entregar un ou varios kilos de alimentos non perecededoiros (arroz, pasta, garbanzos, legumes…). Ademais, botar unha man terá premio: por cada kilo de comida, o Liceo entregará unha entrada para disfrutar do encontro contra o Igualada das 12:00h. O obxectivo será o do nome: a tonelada.
O deporte tamén é un motor para a solidariedade. Esta fin de semana esperamos a tódolos coruñeses para axudarnos nunha nova proba e nunha mellor iniciativa!

