O filial de OK Bronce cumprirá a décima xornada recibindo ó Oviedo Roller

O filial de OK Bronce cumprirá a décima xornada recibindo ó Oviedo Roller

28 de novembro de 2025


O equipo dirixido polo Pichu Galvani xogará o domingo 30 ás 12:30h no Polideportivo de Elviña II.

O filial do Liceo, inmerso na OK Bronce, cumprirá este domingo a décima data de competición dentro do Grupo Norte. A terceira categoría do hockey sobre patíns nacional ofreceralle ós verdibrancos un bo reto: recibir no Polideportivo Elviña II ó Oviedo Roller, líder consolidado que de momento conta as súas nove probas por vitorias.

O equipo comandado por Mauricio ‘Pichu’ Galvani ocupa actualmente a novena posición das 14 que compoñen o grupo, grazas ós seus sete puntos acumulados. Os resultados dos liceístas ata o momento foron os seguintes:

  • XORNADA 1 | CP Mieres vs. LICEO | Derrota por 5-4
  • XORNADA 2 | LICEO vs. Compañía de María | Derrota por 1-4
  • XORNADA 3 | CH Oleiros vs. LICEO | Derrota por 6-5
  • XORNADA 4 | LICEO vs. CD Urdaneta | Triunfo por 7-1
  • XORNADA 5 | AC Ordes vs. LICEO | Empate por 2-2
  • XORNADA 6 | LICEO vs. Telecable HC | Derrota por 3-4
  • XORNADA 7 | Traviesas HC vs. LICEO | Triunfo por 5-6
  • XORNADA 8 | LICEO vs. UDC Rochapea | Derrota por 3-6
  • XORNADA 9 | Oviedo Booling vs. LICEO | Derrota por 5-4

O Grupo Norte, formado por un total de 14 equipos, contará con 26 xornadas na súa Fase Regular. Disputadas nove delas, comanda a táboa de goleadores liceístas Roi Saavedra con 12 tantos; seguido de Jaime Méndez (9), Xandro Fraga (7), Markel Muñoz (4) e Marcos Pazos (3).

Tras este compromiso ante o Oviedo Roller, o filial liceísta xogará de novo como local en Elviña II. Ese encontro, correspondente á data nº 11, enfrontaralles ó CP Patinalon.