O Deportivo Liceo viaxará a Lloret de Mar sen positivos

O Deportivo Liceo viaxará a Lloret de Mar sen positivos

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

Os recentes tests de detección da COVID-19 do Deportivo Liceo remataron como o resto: SEN POSITIVOS. Xogadores e corpo técnico superaron estas probas horas antes da viaxe a Lloret de Mar, que polo tanto terá lugar sen problemas.

Juan Copa e os seus moveranse a terras catalás para a disputa da Supercopa de España 2021, que de momento ten na palestra o partido de semifinais ante o Reus Deportiu (sábado 2 de xaneiro, 18:00h, OKLIGA.TV e Esport3). En caso de vitoria, a final cruzaría ó equipo coruñés co Barcelona ou co Noia Freixenet.

O plan de viaxe do Deportivo Liceo comezará ás 11:15h do día 1 de xaneiro, momento no que sairá do Pazo dos Deportes con dirección Santiago de Compostela. Ás 13:50h despegará o avión con destino a Barcelona, para ir posteriormente a Lloret de Mar unha vez chegados. O propio día 1 será imposible adestrar debido á falta de pistas. O 2 de xaneiro, xornada do partido, terá lugar unha sesión de activación ás 11:00h.

Deixa un comentario