O Deportivo Liceo regresa ós adestramentos sen incidencias

Non se detectou positivo algún nos tests de detección da COVID-19.
WhatsApp Image 2020-12-26 at 19.39.30

O 26 de decembro significou a volta ós adestramentos para o Deportivo Liceo, que terán lugar sen incidentes relacionados coa situación sanitaria actual. Tras a realización dos debidos tests de detección da COVID-19, o Deportivo Liceo pode confirmar que NON SE ATOPARON POSITIVOS entre xogadores e corpo técnico.

Polo tanto, o equipo de Juan Copa preparará de forma concienzuda e sen distraccións a disputa da Supercopa de España. A semifinal da competición, a celebrar o 2 de xaneiro ás 18:00h, enfrontará ó Liceo co Reus Deportiu. En caso de vitoria, a final disputaríase o día 3 ás 18:00h ante o Barcelona ou o Noia.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario