O 2026 se estréase en Alcoi

O 2026 se estréase en Alcoi

3 de xaneiro de 2026


O Liceo comezará a competición do ano coa xornada 13 da OK Liga, última da primeira volta.

O novo ano non podía chegar sen hockey. Así volve o pan de cada día do Liceo, preparado xa para outra xornada da actual OK Liga. Non unha calquera, senón a última da primeira volta, que neste caso o levará ó Polideportivo Francisco Laporta de Alcoi (domingo 4, 12:15h). Oriol Escobar e David Calonge serán os árbitros encargados de impartir xustiza.

Un posto de cabeza de serie xa decidido

De todos modos ben é certo que, en canto a todo o que estará en xogo para o Liceo no que se refire á Copa do Rei, non haberá demasiada emoción. O equipo dirixido por Juan Copa gañou na pista de forma matemática a súa preseza na competición como cabeza de serie.

O Liceo xa participará no sorteo da Copa do Rei como cabeza de serie pase o que pase en Alcoi

A única incógnita reside na posición que realmente ocupará en dito reparto. Actualmente os verdibrancos ocupan a terceira praza con 29 puntos, seis máis có Calafell, pero ten a tiro tanto ó segundo como ó primeiro: o Igualada e o Barcelona, ambos con 31 puntos. Unha vitoria do Liceo na Comunidade Valenciana podería significar un mellor punto de partida para a Copa do Rei a disputar próximamente.

Un descarte para completar a convocatoria

Afortunadamente para Juan Copa, o Liceo non contará con ningunha baixa para este encontro. Si será necesario facer o habitual descarte, xa que dos once dispoñibles só dez poderán formar parte da lista para Alcoi. O elixido neste caso será Fran Torres.

Así as cousas, a convocatoria definitiva será a seguinte:

  • Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
  • Blai Roca – Porteiro, 20
  • Nil Cervera – 2 – 6 goles
  • Arnau Xaus – 3 – 8 goles
  • César Carballeira – 5 – 6 goles
  • Jacobo Copa – 7
  • Dava Torres – Capitán, 8 – 6 goles
  • Nuno Paiva – 11 – 5 goles
  • Bruno Saavedra – 13 – 6 goles
  • Toni Pérez – 57 – 7 goles

Fronte a un Alcoi instaurado en metade de táboa

Os valencianos recibirán ó Liceo no Francisco Laporta dentro dunha situación relativamente cómoda, pero todavía lonxe dunha que invite a relaxarse. O Alcoi de Lorenzo Pastor é actualmente o oitavo clasificado da OK Liga, xusto a última praza que concede acceso á Copa do Rei. Ante o Liceo quererá darlle continuidade á vitoria lograda xusto antes do xa terminado parón navideño: a lograda na pista do Sant Just por 2-5.

A gran fortaleza dos alcoianos será precisamente a súa propia pista, onde só perdeu fronte ó Calafell antes de que termine esta primeira volta de Fase Regular.