10 de febreiro de 2026
O xogador portugués defenderá o verde e o branco ata 2027.
Nuno Miguel Soares Paiva (Póvoa de Varzim, Portugal, 1994) seguirá ligado ó Liceo e marca o segundo día consecutivo de renovacións, tras oficializar este luns a de Bruno Saavedra ata 2028. No caso de Nuno, amplía o seu contrato por un ano máis: ata 2027.
Paiva, aterrizado en Galicia durante o pasado verán provinte do Lleida, amoldouse á perfección ós plans de Juan Copa. É unha das pezas chave do actual líder da OK Liga, unha competición na que o luso suma xa oito goles. A eses hai que añadirlle outros dous na WSE Champions League, ademais do excelente traballo fóra do que ten que ver con atopar portería.

