Novo derbi para o filial na OK Bronce

Novo derbi para o filial na OK Bronce

27 de febreiro de 2026


Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O equipo do Pichu Galvani recibirá en Monte Alto ó Ordes (domingo 1, 12:30h).

A OK Bronce non se detén, así que para o Liceo tampouco. O filial verdibranco, comandado polo Pichu Galvani, terá que afrontar esta fin de semana un novo derbi: esta vez ante o Ordes, que o domingo 1 de marzo ás 12:30h visitará o pavillón coruñés de Monte Alto. Será a data número 18 do Grupo Norte, que conforma un total de 26.

Neste punto do camiño os liceístas ocupan a zona media da táboa con 20 puntos, oito menos que o Oviedo Booling (oitavo con 28) e seis máis que o Telecable (décimo con 14). Neste duelo contra o Ordes buscarán repoñerse da dura derrota da pasada semana na pista do Urdaneta, onde un gol nos segundos finais implicou a vitoria dos vascos.

Unha vez superada esta proba, o Liceo terá que ir precisamente á casa do seu inmediato perseguidor: o Telecable asturiano. Eso será o domingo día 8 ás 12:00h. Posteriormente será o momento dun novo derbi galego, esta vez na Coruña fronte ó Traviesas para iniciar a recta final da competición.