Lloret de Mar acollerá a Supercopa de España de hockey sobre patíns

Lloret de Mar acollerá a Supercopa de España de hockey sobre patíns

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

Lloret de Mar acollerá a organización da Supercopa de España de hockey sobre patíns os vindeiros 2 e 3 de xaneiro. Barça, Deportivo Liceo, CE Noia Freixenet e Reus Deportiu Miró serán os equipos participantes nunha nova edición da Supercopa, como os catro conxuntos mellor clasificados da OK Liga Masculina na tempada 19/20. Próximamente celebrarase o sorteo puro e sen cabezas de serie no que coñeceremos os enfrontamentos.

O primeiro cruce disputarase ás 15:15h e o segundo ás 18:00h. Ambos partidos, o sábado 2 de xaneiro. A gran final celebrarase o domingo 3 ás 18:00h. Todos os encontros serán retransmitidos en directo por Esport3.

Lloret de Mar acollerá de novo unha competición nacional tras albergar a Copa do Rei 2018 e a Copa da Raíña durante catro edicións consecutivas (2014, 2015, 2016 e 2017). Todos os partidos disputaranse a porta pechada no Pavelló Municipal d’Esports de Lloret de Mar.

Deixa un comentario