#LiceoSantJust | ENTRADAS de público xeral para a Xornada 19 da OK Liga 25/26

#LiceoSantJust | ENTRADAS de público xeral para a Xornada 19 da OK Liga 25/26

16 de febreiro de 2026


O Liceo enfrontarase en Riazor ó Sant Just (sábado 21 de febreiro, 18:00h).

Os pases contan de novo con ata tres prezos diferentes dependendo da idade do afeccionado.

Continúa o camiño dun Liceo que quere reforzar todavía máis o seu liderado da OK Liga. Este sábado 21 (18:00h) os de Juan Copa regresarán ó Pazo dos Deportes, onde esperará o Sant Just dentro da xornada 19 de Fase Regular. Como sempre, todo aquel Liceísta que queira apoiar ó equipo poderá facelo.

Unha vez máis, as entradas de público xeral estarán dispoñibles vía online mediante Cluber ou nas taquillas desde as 17:00h do propio sábado. Os prezos non sufrirán cambios, existindo tres modalidades diferentes:

  • ADULTO: 7€
  • MENOR DE 25 ANOS: 5€
  • MENOR DE 15 ANOS: 3€

A modalidade de entrada revisarase á hora de acceder ó recinto. Non se permitirá a mesma en caso de non cadrar coa idade real da poseedora do pase.

Socios e abonados gratis

Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha de dúas condicións:

  • Ser alumno do Colexio Liceo.
  • Federado de patinaxe ata 15 anos.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa).