23 de febreiro de 2026
Segundo duelo ligueiro consecutivo en Riazor, que esta vez será ante o Igualada (domingo 1 de marzo, 12:00h).
Os pases contan de novo con ata tres prezos diferentes dependendo da idade do afeccionado.
Liceo e Igualada ofrecerán o domingo 1 de marzo (12:00h) un duelo por todo o alto da OK Liga. O Pazo dos Deportes será o escenario dos verdibrancos na competición por segunda fin de semana consecutiva, co obxectivo de reforzar todavía máis o liderado neste encontro contra o segundo posicionado.
Unha vez máis, as entradas de público xeral estarán dispoñibles vía online mediante Cluber ou nas taquillas desde as 11:00h do mesmo domingo. Os prezos non sufrirán trocos, existindo tres modalidades diferentes:
- ADULTO: 7€
- MENOR DE 25 ANOS: 5€
- MENOR DE 15 ANOS: 3€
A modalidade de entrada revisarase á hora de acceder ó recinto. Non se permitirá a mesma en caso de non cadrar coa idade real da poseedora do pase.
Socios e abonados gratis
Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que acredite dita condición.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha de dúas condicións:
- Ser alumno do Colexio Liceo.
- Federado de patinaxe ata 15 anos.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa).

