12 de xaneiro de 2026
Os pases contan de novo con ata tres prezos diferentes dependendo da idade do afeccionado.
Continúa a OK Liga e faino de novo en Riazor, escenario do duelo que enfrontará ó seu Liceo e ó Cerdanyola. As entradas para o partido do sábado 17 (19:00h) xa se atopan á venda vía online grazas a Cluber. Ademais, as taquillas do Pazo dos Deportes abrirán desde unha hora antes do comezo (18:00h) para venda física.
Os prezos non sufrirán cambios, existindo tres modalidades diferentes:
- ADULTO: 7€
- MENOR DE 25 ANOS: 5€
- MENOR DE 15 ANOS: 3€
A modalidade de entrada revisarase á hora de acceder ó recinto. Non se permitirá a mesma en caso de non cadrar coa idade real da poseedora do pase.
Socios e abonados gratis
Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha de dúas condicións:
- Ser alumno do Colexio Liceo.
- Federado de patinaxe ata 15 anos.
Será necesario acreditar debidamente la situación (por ejemplo, vestir una prenda del Colegio Liceo o presentar la licencia federativa).

