30 de marzo de 2026
O evento volverase celebrar no Colexio Liceo La Paz. Contará novamente con dous turnos: do 22 ó 26 de xuño e do 29 de xuño ó 3 de xullo.
Xa está aquí! Desde este momento están abertas as inscricións para unha nova edición do Campus de Verán, que un ano máis se celebrará nas instalacións do Colexio Liceo La Paz.
Da man de xogadores, técnicos e monitores do Hockey Club Liceo, tódolos nenos e nenas que queiran vivir esta experiencia poderán facelo en calquera dos dous turnos dispoñibles: do 22 ó 26 de xuño e do 29 de xuño ó 3 de xullo.
Para completar o proceso de inscrición deben cubrirse e enviarse cada un dos documentos sinalados a continuación:
- Cumprimentar o documento de inscrición (enlace a Google Drive). Descargar e enviar a administracion@hockeyclubliceo.com.
- Tarxeta sanitaria do neno/a. Enviar a administracion@hockeyclubliceo.com.
- Enviar o DNI do neno/a e do pai/nai/tutor ó mencionado correo de Administración.
- Abonar a cantidade da modalidade elixida ó número de conta facilitado no documento de inscrición: ES98 2080 0006 4255 0002 2243. Enviar xustificante do ingreso a administracion@hockeyclubliceo.com.
O teléfono de contacto para apuntarse e/ou solicitar máis información será o 616 26 85 82 (Antón). Tamén estará a disposición o 981 13 14 51 de 17:00h a 20:00h da tarde e de luns a venres.
Modalidades e prezos
O Campus de Verán 2026 dividirase en dous turnos: o primeiro irá do 22 ó 26 de xuño e o segundo do 29 de xuño ó 3 de xullo.
De base haberá tres modalidades diferentes, TODAS CUN 10% DE DESCONTO PARA ALUMNOS E ALUMNAS DO COLEXIO LICEO que opten por unha semana de inscrición individual:
- PENSIÓN COMPLETA | A cantidade por un turno, sexa o que sexa, ascende ós 380€; sendo 600€ se se elixen os dous. A estancia terá lugar na residencia do mesmo Colexio Liceo e estará supervisada polos monitores e o persoal do centro.
- MEDIA PENSIÓN | 280€ por un turno e 500€ por ambos. Horario de 9:00h a 20:30h.
- ADESTRAMENTOS | 180€ por un turno e 300€ por ambos. Horario de 9:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:30h.
Ademais, como novidade, haberá prezos aplicables a un neno/a e ó seu irmán. Polos seguintes prezos, ambos poderán acudir ó Campus. Ó mesmo non se aplicará o 10% de desconto mencionado anteriormente para alumnos do Colexio:
- PENSIÓN COMPLETA | 500€ (unha semana) e 900€ (dúas semanas).
- MEDIA PENSIÓN | 400€ (unha semana) e 850€ (dúas semanas).
- ADESTRAMENTOS | 300€ (unha semana) e 450€ (dúas semanas).
Vén connosco ó Colexio Liceo e disfruta ó máximo do hockey sobre patíns!

