Estrea na OK Bronce 25/26 para o filial liceísta

Estrea na OK Bronce 25/26 para o filial liceísta

26 de setembro de 2025


O equipo dirixido polo Pichu Galvani viaxa a Mieres para disputar o seu primeiro encontro do ano.

A acción ligueira non só comeza para o primeiro equipo. Tamén para o segundo, inmerso durante este curso 25/26 no Grupo Norte da OK Bronce. A terceira categoría do hockey nacional echará a rodar para o filial na pista do Club Patín Mieres (sábado, 20:00h).

A competición empezará esta fin de semana e durará ata finais de maio de 2026. Tempo suficiente para, precisamente, 26 xornadas de hockey. O equipo liceísta dirixido por Mauricio ‘Pichu Galvani’ estará composto por Iago Fouz ‘Pulpi’, Xián Martínez, Lucas Fernández, Jorge Fernández, Roi Saavedra, Pedro Ramilo, Isaac Naveira, Marcos Pazos, Xandro Fraga, Jaime Méndez, Sebas Muñoz, Markel Muñoz e Xoel López.