Entroido por Calafell

Entroido por Calafell

13 de febreiro de 2026


O Liceo deberá visitar o Joan Ortoll co obxectivo de reforzar máis un liderado que vai polos cinco puntos de vantaxe (sábado 14, 19:30h).

Empeza un Entroido que para o Liceo virá disfrazado de partido de OK Liga. Unha na que os de Juan Copa lideran con puño de ferro. Sen embargo, a próxima proba non será sinxela: o Pavelló Joan Ortoll, fogar do Calafell, será a parada pola que teñan que pasar os verdibrancos no seu camiño para lograr o obxectivo. Os puntos estarán en xogo desde este sábado 14 ás 19:30h, coas cámaras de OK LIGA TV listas para retransmitir todo o que ocorra.

Un liderado que defender

O certo é que, coa recente e épica vitoria da semana pasada ante o Barça, o Liceo (44 puntos) completou unha xornada redonda no que a liderado se refire. Tanto ese triunfo ante un rival directo como o pinchazo do Igualada provocaron que a vantaxe liceísta con respecto ó segundo posicionado sexa agora de cinco unidades. Case dous partidos.

Nuno Paiva, cun dobrete, foi chave no triunfo da primeira volta. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Ese segundo clasificado é o mencionado Igualada con 39 puntos, sendo o terceiro o Barcelona con 38. Aínda queda pendente un enfrontamento directo contra o equipo de Les Comes, que en principio terá lugar o día 1 de marzo.

Descarte confirmado

Juan Copa deberá viaxar a Calafell despois de realizar o habitual descarte, ó ter que asumir o máximo de dez xogadores permitidos por convocatoria. Neste caso non participará no encontro o arxentino Fran Torres.

Polo tanto, a lista liceísta estará formada polos seguintes homes:

  • Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
  • Blai Roca – Porteiro, 20
  • Nil Cervera – 2 – 7 goles
  • Arnau Xaus – 3 – 9 goles
  • César Carballeira – 5 – 11 goles
  • Jacobo Copa – 7
  • Dava Torres – Capitán, 8 – 9 goles
  • Nuno Paiva – 11 – 8 goles
  • Bruno Saavedra – 13 – 8 goles
  • Toni Pérez – 57 – 10 goles

Ante un Calafell en excelente forma

Tras falar dos tres primeiros clasificados toca facelo sobre o cuarto. O Calafell de Guillem Cabestany, con 36 puntos acumulados, é o equipo en discordia no que a parte alta se refire. Gañou ese estatus grazas a once vitorias, tres empates e tres derrotas; uns números realmente bos con 17 datas disputadas.

O Calafell afronta este partido con menos días de descanso, ó disputar xornada intersemanal

O máis recente deses triunfos ocorreu este mércores día 11, cando en xornada intersemanal os cataláns deberon visitar a pista do Sant Just. Levaron os tres puntos ó endosarlle ós locais un 3-5 (tantos de Jero García, Joan Pujalte, Biel Pujadas, Aleix Marimon e Sergi Folguera).

No que a primeira volta se refire, o duelo entre Liceo e Calafell acabou con boas novas para os coruñeses, pero non sen sufrimento: foi un 3-2 no Pazo, partido onde se acabaron impoñendo os goles de Nuno Paiva (x2) e Arnau Xaus.