Entradas para o Liceo-Las Rozas de OK Liga Feminina (xornada 19)

Entradas para o Liceo-Las Rozas de OK Liga Feminina (xornada 19)

Por 5€, ou incluso de xeito gratuito, tódolos liceístas que o desexen poderán asistir a Riazor para disfrutar do choque entre Deportivo Liceo e Las Rozas (domingo 27, 12:30h).

Os socios verdibrancos entrarán ensinando o seu carnet dixital. Para o resto organizáronse os dous escenarios habituais de adquisición.

Abonados do Real Club Deportivo

No primeiro deles, adicado ós abonados do Real Club Deportivo, haberá 500 pases gratuitos dispoñibles. Non existirá máis custo que o tempo adicado á xestión, a levar a cabo mediante o seguinte link de CLUBER:

No momento da chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo.

Público xeral

Para rematar, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas a un prezo de 5€. Adquiriranse de xeito online mediante outra ligazón de CLUBER:

Normativa sanitaria de acceso

Trala publicación do DOGA do 17 de decembro esíxese que, nas instalacións deportivas que esperen unha afluencia superior a 200 espectadores, se comprobe antes do acceso que os asistentes maiores de 12 anos estén en posesión dalgún documento que acredite unha destas situacións:

  • Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Reglamento (CE) nº 726/2004.
  • Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas no caso dos tests de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán están enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01 do Consello de Europa.
  • Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa debe ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 fai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, non sendo válido outro tipo de test.

Deixa un comentario