Entradas para o Deportivo Liceo-Voltregà

Entradas para o Deportivo Liceo-Voltregà

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

O Deportivo Liceo afronta unha nova xornada de OK Liga e quere contar de novo cos folgos da súa afección. Para iso, tódolos socios liceístas e abonados do Real Club Deportivo (ademáis do público xeral) poden solicitar desde xa a súa entrada e así animar ó equipo no seu choque fronte ó Voltregà (sábado 9, 20:00h).

Unha vez máis, como no caso do encontro ante o Girona, existen varios escenarios posibles.

Abonados do Real Club Deportivo

O primeiro deles está destinado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo. Haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo adicado á xestión. Débese levar a cabo mediante a seguinte ligazón de Cluber:

No momento da chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo.

Socios do Deportivo Liceo

O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán amosar o código QR do seu carnet dixital á hora de entrar. Será a medida habitual mentres se xestionen os pases físicos.

Público xeral

Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas dispoñibles a un prezo de 5€ cada unha. Adquiriranse de forma online mediante tres ligazóns de Cluber, cada unha delas adicada a unha porta do Pazo:

Deixa un comentario