Entradas para o Deportivo Liceo-Reus

Entradas para o Deportivo Liceo-Reus

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

O Deportivo Liceo afronta unha xornada de OK Liga especial e non só pola visita do Reus, o duro rival que aterrizará o sábado ás 17:00h. Tamén pola futura festa do deporte coruñés que se disfrutará tanto no Pazo dos Deportes como no Abanca-Riazor.

Liceo e Real Club Deportivo, que xogará ás 19:00h un novo partido de Primeira RFEF, queren contar cos folgos da súa gran afección. Para iso, tódolos socios liceístas e abonados da entidade branquiazul (ademáis do público xeral) poden xestionar desde xa a súa entrada para, antes de acudir ó coliseo deportivista, facer do Pazo unha caldeira.

Como vén sendo habitual, dispóñense ligazóns telemáticas para cada unha das situacións posibles.

Abonados do Real Club Deportivo

O primeiro deles está novamente destinado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo, que así poderán disfrutar dun maratón do mellor deporte coruñés. Haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo dedicado á xestión, a realizar mediante a seguinte ligazón de Cluber:

No momento da chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo.

Socios do Deportivo Liceo

O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán mostrar o código QR do seu carnet dixital á hora de entrar. Será a medida habitual mentres se xestionen os pases físicos. Polo tanto, neste caso non será necesaria maior xestión.

Público xeral

Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas dispoñibles a un prezo de 5€ cada unha. Adquiriranse de forma online mediante outra ligazón de Cluber:

¡Liceístas e Deportivistas, na vosa man está apoiar ós dous clubes nos seus obxectivos! ¡Agardámosvos no PAZO DOS DEPORTES e no ABANCA-RIAZOR!

Deixa un comentario