7 de outubro de 2025
Os pases contan con ata tres prezos diferentes dependendo da idade do afeccionado.
O Liceo disputará este sábado 11 ás 19:00h a súa segunda xornada como local na OK Liga, a terceira en total. Con iso en conta, o Pazo dos Deportes de Riazor terá que tinguirse novamente de verdibranco para que os xogadores de Juan Copa teñan máis sinxelo o seu enfrontamento ante o Hockey Rivas.
Os pases para dito encontro xa se atopan á venda de forma online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do asubío inicial (18:00h). O custo do pase será o mesmo independentemente do xeito do que se compre e haberá tres diferentes, dependendo da idade do afeccionado:
- ADULTO: 7€
- MENOR DE 25 ANOS: 5€
- MENOR DE 15 ANOS: 3€
Socios e abonados gratis
Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das dúas condicións descritas na imaxe desta nova. Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa).

