4 de novembro de 2025
Os pases volven a contar con ata tres prezos diferentes dependendo da idade do afeccionado.
Riazor disfrutará de OK Liga, esta vez, en domingo (12:00h) grazas ó partido que enfrontará ó Liceo co Reus Deportiu. É correspondente á oitava xornada de Fase Regular con entradas xa dispoñibles para todo aquel que desexe animar ó equipo de Juan Copa.
Os pases para o encontro xa se atopan á venda online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do asubío inicial (11:00h). O custo do pase será o mesmo independientemente do xeito do que se compre e haberá tres diferentes, dependendo da idade do afeccionado:
- ADULTO: 7€
- MENOR DE 25 ANOS: 5€
- MENOR DE 15 ANOS: 3€
A modalidade de entrada revisarase á hora de acceder ó recinto. Non se permitirá a mesma en caso de non cadrar coa idade real da poseedora do pase.
Socios e abonados gratis
Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das dúas condicións descritas na imaxe desta nova. Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa).

