ENTRADAS a la venta para el #LiceoSporting de Champions (J3)

ENTRADAS a la venta para el #LiceoSporting de Champions (J3)

9 de decembro de 2025


Os pases, como na OK Liga, contan con ata tres prezos diferentes dependendo da idade do afeccionado.

A WSE Champions League regresa a Riazor coa visita do Sporting de Portugal, rival da terceira xornada de Fase de Grupos. Será a segunda con A Coruña como sede dentro desta viaxe europea de dez datas, polo menos na súa parte inicial.

Os pases para o encontro xa se atopan á venda de forma online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do asubío inicial (19:30h). O custo do pase será o mesmo independientemente do xeito do que se compre e haberá tres diferentes, dependendo da idade do afeccionado:

  • ADULTO: 7€
  • MENOR DE 25 ANOS: 5€
  • MENOR DE 15 ANOS: 3€

A modalidade de entrada revisarase á hora de acceder ó recinto. Non se permitirá a mesma en caso de non cadrar coa idade real da poseedora do pase.

Socios e abonados gratis

Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das dúas condicións descritas na imaxe desta nova. Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa).