En marcha o Campus de Verán 2025!

En marcha o Campus de Verán 2025!

8 de abril de 2025


O Colexio Liceo La Paz será o hogar dunha nova edición, que volverá a contar con dous turnos.

César Carballeira e Nil Cervera, xogadores de OK Liga, formarán parte do equipo de monitores e técnicos.

Os alumnos do Colexio Liceo contarán cun 10% de desconto.

O Campus de Verán 2025 regresa ó Colexio Liceo La Paz e desde este mesmo momento está aberto o seu prazo de inscripción.

Xogadores e xogadoras de hockey sobre patíns desde 5 anos de idade poderán disfrutar do seu deporte favorito xunto a referentes como César Carballeira e Nil Cervera, membros do Liceo de OK Liga. O Campus estará dirixido, ademáis de por eles dous, polos monitores e os técnicos do Club.

Para completar o proceso de inscrición deben cubrirse e enviarse os documentos sinalados a continuación:

  • Enviar o DNI do neno/a e do pai/nai/tutor ó mencionado correo de Administración.
  • Abonar a cantidade da modalidade elixida ó número de conta facilitado no documento de inscrición: ES98 2080 0006 4255 0002 2243. Enviar xustificante do ingreso a administracion@hockeyclubliceo.com.

O teléfono de contacto para apuntarse e/ou solicitar máis información será o 616 26 85 82 (Antón). Tamén estará a disposición o 981 13 14 51 de 17:00h a 20:00h da tarde e de luns a venres.

Modalidades e prezos

O Campus de Verán 2025 dividirase en dous turnos: o primeiro irá do 23 ó 27 de xuño e o segundo (XA AGOTADO) do 30 de xuño ó 4 de xullo.

Como é habitual, haberá tres modalidades diferentes, TODAS CUN 10% DE DESCONTO PARA ALUMNOS E ALUMNAS DO COLEXIO LICEO:

  • PENSIÓN COMPLETA | A cantidade por un turno, sexa o que sexa, ascende ós 360€; sendo 600€ se se elixen os dous. A estancia terá lugar no mesmo Colexio Liceo e estará supervisada polos monitores e o persoal do centro.
  • MEDIA PENSIÓN | 260€ por un turno e 400€ por ambos. Horario de 9:30h a 20:30h.
  • SÓ ADESTRAMENTOS | 160€ por un turno e 270€ por ambos. Horario de 9:30h a 14:00h e de 16:00h a 20:30h.

Por engadido, tal e como ocorreu no recente Campus de Nadal, existirá a Opción Madrugadores. Mediante esta posibilidade, os nenos poderán acudir ó Colexio Liceo ás 8:30h (unha hora antes do comezo):

  • MADRUGADORES CON ALMORZO | Pago extra de 30€ por semana sobre o prezo da modalidade elixida.
  • MADRUGADORES SEN ALMORZO | Pago extra de 18€ por semana.

Deixa un comentario