Down Coruña lanza o seu Calendario Solidario 2026 da man do Liceo

Down Coruña lanza o seu Calendario Solidario 2026 da man do Liceo

12 de decembro de 2025


Contará con 1.000 exemplares que estarán á venda na sección de Papelería do Corte Inglés da Coruña.

A Asociación Down Coruña pon en marcha un ano máis o seu Calendario Solidario, que para o inminente 2026 conta co apoio do Hockey Club Liceo. Desde este sábado 13 de decembro estarán á venda un total de 1.000 exemplares a un prezo de 10€ cada un, todos eles dispoñibles na sección de Papelería do Corte Inglés da Coruña.

Nesta sétima edición do Calendario Solidario póñense en valor aspectos como a inclusión, o traballo en equipo, o esforzo e o compromiso coa comunidade. Pili Pouso, beneficiaria de Down Coruña e parte do Liceo desde o ano 2022, é unha das grandes protagonistas das doce fotos que conforman a recopilación. Todas contan coa sinatura de Diana Fajardo, que as realizou no Pazo dos Deportes de Riazor grazas ó apoio do Concello da Coruña e do propio Club.

A través deste traballo conxunto, Down Coruña e o Hockey Club Liceo subliñan o valor do deporte como ferramenta de transformación social e como espazo no que todas as persoas, con independencia das súas capacidades, poidan medrar, aportar e construir comunidade.