Dirección Lisboa para un choque europeo de élite

Dirección Lisboa para un choque europeo de élite

21 de xaneiro de 2026


Benfica e Liceo disputarán a quinta xornada da WSE Champions League no Pavilhão Fidelidade (xoves 22, 21:30h de España).

Volve a WSE Champions League á axenda semanal do Liceo e faino cun choque de quilates. A Juan Copa e ós seus xogadores tócalles esta vez viaxar a Lisboa, capital de Portugal, co obxectivo de enfrontarse ó Benfica no seu Pavilhão Fidelidade (xoves 22, 21:30h de España). Primeiro contra terceiro na quinta data da Fase de Grupos, unha dirixida polos árbitros italianos Marco Rondina e Simone Brambilla.

Última xornada da primeira volta

Con este partido, o acto inicial da máxima competición europea pechará a súa primeira metade para darlle paso á segunda. No Grupo B, o Liceo ocupa agora mesmo a terceira posición con sete puntos. Unha que, de acabar así, otorgaríalle praza para a Final 8 definitiva.

A táboa completa tras catro datas é a seguinte (en negrita os postos premiados coa clasificación):

  • 1º – BENFICA – 12 puntos
  • 2º – SPORTING – 7 puntos
  • 3º – LICEO – 7 puntos
  • 4º – OLIVEIRENSE – 4 puntos
  • 5º – BARCELOS – 4 puntos
  • 6º – BASSANO – 0 puntos
O Liceo vén de vencer ó Cerdanyola en OK Liga. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Por outro lado, esta é a folla de ruta percorrida e por percorrer para un Liceo que polo momento acumula dous triunfos, un empate e unha derrota:

  • XORNADA 1 | LICEO vs. Oliveirense | Triunfo por 3-2
  • XORNADA 2 | Barcelos vs. LICEO | Derrota por 3-1
  • XORNADA 3 | LICEO vs. Sporting | Empate de 2-2
  • XORNADA 4 | LICEO vs. Bassano | Triunfo por 4-3
  • XORNADA 5 | Benfica vs. LICEO (22 de xaneiro, 21:30h de España)
  • XORNADA 6 | LICEO vs. Benfica (5 de febreiro, 20:30h)
  • XORNADA 7 | Bassano vs. LICEO (26 de febreiro, 20:45h)
  • XORNADA 8 | Sporting vs. LICEO (12 de marzo, 21:30h de España)
  • XORNADA 9 | LICEO vs. Barcelos (26 de marzo, 20:30h)
  • XORNADA 10 | Oliveirense vs. LICEO (16 de abril, horario por determinar)

Sen lesións e pendentes do habitual descarte

Unha semana máis, Juan Copa poderá contar con todo o seu plantel para afrontar o duelo. Ante o Benfica estarán dispoñibles os once xogadores do Liceo, pero un deles deberá causar baixa para cumprir o máximo de dez permitido pola convocatoria. Esa decisión tomarase unha vez chegados a Lisboa.

A vindeira fin de semana non haberá OK Liga, que volverá para o Liceo o día 31

Os homes a disposición de Copa son os seguintes:

  • Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
  • Blai Roca – Porteiro, 20
  • Nil Cervera – 2 – 1 gol
  • Arnau Xaus – 3 – 2 goles
  • César Carballeira – 5 – 2 goles
  • Jacobo Copa – 7 – 1 gol
  • Dava Torres – Capitán, 8 – 1 gol
  • Nuno Paiva – 11 – 1 gol
  • Bruno Saavedra – 13 – 1 gol
  • Fran Torres – 44
  • Toni Pérez – 57 – 1 gol

Tralo duelo contra o actual líder do Grupo B, o Liceo vivirá un pequeno parón competitivo. A fin de semana non se xogará partido de OK Liga, que volverá o sábado 31 coa visita á pista do Hockey Rivas.

Primeiro en Europa e en Portugal

Falar do Benfica de Edu Castro é facelo de, seguramente, o equipo en mellor forma do panorama continental. No Pavilhão Fidelidade agardará o líder invicto do Campionato Placard cun empate e once triunfos, o último deles colleitado a pasada fin de semana tras endorsarlle un 5-1 ó Barcelos (vixente campión europeo). A nivel Champions, os lisboetas venceron en tódalas probas disputadas ata o de agora.