Destino Sant Just para defender o liderado

Destino Sant Just para defender o liderado

23 de outubro de 2025


O Liceo afrontará a sexta xornada da Fase Regular como primeiro clasificado (sábado, 20:00h, La Bonaigua).

É o momento de viaxar a La Bonaigua, fogar do Sant Just. Ó Liceo agárdalle alí un obxectivo claro: defender o liderado e seguir progresando neste inicio de tempada. As 20:00h do sábado implicarán unha nova proba dentro da presente OK Liga, unha que estará dirixida polos árbitros Albert Barba e Iván González.

Catro vitorias e un empate para colocarse en cabeza

As tres vitorias logradas nos tres encontros da pasada semana, unha delas no Palau Blaugrana do Barça, auparon ós xogadores de Juan Copa ata o posto máis alto da clasificación. Probablemente cunha carga máis anecdótica que efectiva tendo en conta a prontitude da situación, pero tamén é unha motivación evidente para seguir medrando antes de que chegue o máis intenso do curso.

O Liceo colocouse líder tras vencer ante o Calafell na anterior xornada. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Liceo suma actualmente 13 puntos de 15 posibles debido ó empate ante o SHUM e os triunfos fronte a Calafell, Barça, Rivas e Cerdanyola. Persiguen desde cerca varios conxuntos como Igualada e Reus, ambos con 12 unidades.

Mesma convocatoria para despedir o mes

O de Sant Just será o último partido de outubro, un para o que Juan Copa contará coa lista habitual do que vai de curso. Continúa a baixa temporal de Fran Torres, dentro da recta final da súa recuperación física.

Fran Torres afronta a recta final da súa recuperación

Os dez homes que sairán a patinar a La Bonaigua serán os seguintes:

  • Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
  • Blai Roca – Porteiro, 20
  • Nil Cervera – 2 – 2 goles
  • Arnau Xaus – 3 – 3 goles
  • César Carballeira – 5 – 6 goles
  • Jacobo Copa – 7
  • Dava Torres – Capitán, 8 – 1 gol
  • Nuno Paiva – 11 – 3 goles
  • Bruno Saavedra – 13 – 5 goles
  • Toni Pérez – 57 – 2 goles

Un Sant Just con necesidade de puntos

O equipo de Mia Ordeig vive nestes momentos unha racha complicada, a pesar do seu bo inicio de OK Liga. Se ben sumou catro puntos de seis nas dúas primeiras xornadas, actualmente acumula ata tres derrotas seguidas contra Barça, Calafell e Igualada.

Uns resultados que colocan ó Sant Just na antepenúltima posición, só unha por encima do descenso directo pero con todavía moito por decidir. Os cataláns buscarán cambiar esa racha na visita do Liceo.

Deixa un comentario