Destino Reus na busca de afianzar máis o liderado

Destino Reus na busca de afianzar máis o liderado

6 de marzo de 2026


O Liceo afrontará a xornada 21 do total de 26 da Fase Regular co obxectivo de manter ou ampliar a vantaxe do seu primeiro posto.

Reus espera a un Liceo con ganas de todo. Juan Copa e os seus xogadores viaxarán a terras catalás para afrontar un reto complicado pero ilusionante, dispostos a manter ou incluso reforzar o xa sólido liderado desta Fase Regular. A OK Liga entra na súa recta final con só seis partidos restantes. O primeiro deles, no Palau d’Esports, poderase seguir en directo grazas ó streaming da OTT de OK LIGA TV.

Sete puntos por encima con 18 por xogar

Esa é agora mesmo a situación do Liceo na Fase Regular nacional. Ocupa flamantemente a primeira praza con 51 unidades, froito de 16 triunfos, tres empates e unha soa derrota. Unha temporada brillante para os coruñeses, pero todavía con traballo por facer. Esta visita a Reus virá despois de asinar táboas cun dos seus perseguidores na clasificación: o Igualada, que de Riazor sacou un 3-3.

Tras este, ó Liceo restaranlle tres encontros en casa e dous fóra para completar a Fase Regular

Tras completar este enésimo encontro en Cataluña, ó Liceo quedaranlle os seguintes cinco compromisos: Noia (casa), Voltregà (fóra), Caldes (casa), Lleida (fóra) e Alcoi (casa). Posteriormente virá o playoff polo título, para o que xa está matemáticamente clasificado desde fai semanas.

Unha baixa confirmada

É a de Toni Pérez, inmerso na recuperación da doenza que sufriu recentemente na pista do Bassano. Non se espera o seu regreso ata dentro dunhas oito semanas, sendo máis ou menos dependendo da súa evolución.

Toni Pérez estará de baixa polo redor de oito semanas

Os dez homes cos que contará Juan Copa para saír á pista do Reus son os seguintes, así como as súas cifras goleadoras ata o momento:

  • Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
  • Blai Roca – Porteiro, 20
  • Nil Cervera – 2 – 8 goles
  • Arnau Xaus – 3 – 9 goles
  • César Carballeira – 5 – 13 goles
  • Jacobo Copa – 7 – 1 gol
  • Dava Torres – Capitán, 8 – 11 goles
  • Nuno Paiva – 11 – 10 goles
  • Bruno Saavedra – 13 – 9 goles
  • Fran Torres – 44

Un Reus de todo ou nada

Pouco malo hai que dicir do Reus, sobre todo cando xoga nos seus dominios. O conxunto dirixido un ano máis por Jordi García é o actual quinto clasificado con 37 puntos: 12 triunfos, 7 derrotas e un único empate. Recibirá ó Liceo despois de vencer con autoridade na pista do Sant Just (1-4).

O duelo da primeira volta xa foi igualado, aínda que caeu do lado galego. No Pazo dos Deportes de Riazor viviuse un frenético 4-3 con goles liceístas de Toni Pérez (x2), Nuno Paiva e o decisivo de Nil Cervera. Polo Reus marcaron o capitán Joan Salvat, Pol Martínez e Guillem Jansà.