Derbi de filiais coruñeses na OK Bronce

Derbi de filiais coruñeses na OK Bronce

23 de xaneiro de 2026


Markel Muñoz. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O segundo equipo do Liceo xogará este domingo fronte ó do Compañía de María (14:00h).

O Pavillón de Monte Alto será escenario este domingo de todo un derbi coruñés de categoría nacional. Chega a xornada número 15 ó Grupo Norte da OK Bronce e faino para o filial do Liceo con todo un duelo contra o de Compañía de María, que inicialmente se ía a xogar en Elviña II ás 12:45h, pero as malas condicións da pista obrigaron ó cambio. O conxunto verdibranco do Pichu Galvani buscará nesta data alongar unha racha de imbatibilidade que xa dura cinco.

O filial do Liceo suma cinco xornadas consecutivas sen perder

Clasificatoriamente falando, o Liceo actualmente colócase na novena posición da clasificación (16 puntos) cun total de catro vitorias, catro empates e seis derrotas. Jaime Méndez (16 goles) e Roi Saavedra (15) son neste momento os máximos realizadores dun equipo que en conxunto suma 51 dianas.

Trala disputa deste partido, o Liceo deberá facerlle fronte a outro derbi; esta vez provincial ante o Oleiros. Xogarase, en principio, o domingo 1 de febreiro ás 12:30h. A seguinte semana haberá que facer as maletas para visitar ó Urdaneta vasco, antes de vivir un breve parón competitivo.