19 de febreiro de 2026
O Liceo debutará ante o Alcoi o venres 20 de marzo.
Coñecíanse os emparellamentos pero faltaban os horarios dos Cuartos de Final. A Copa do Rei 2026 xa ten a súa folla de ruta prácticamente completa, polo que o Liceo tamén coñece mellor o camiño que deberá percorrer na competición.
Debutará o venres 20 de marzo ás 21:30h contra o PAS Alcoi. Un encontro que, como todos, terá lugar no Ateneu de Sant Sadurní de Noia.
Pola súa parte, as dúas semifinais terán lugar o sábado 21. En caso de triunfo, o Liceo enfrontaríase nelas ó gañador do choque entre Igualada e Voltregà. A gran final polo título xogaríase o domingo 22.

