CRÓNICA OK LIGA (X1) | Un inicio delicioso

CRÓNICA OK LIGA (X1) | Un inicio delicioso

Primeiro partido e primeiro triunfo. A mellor nova para o renovadísimo Deportivo Liceo de Juan Copa, vencedor no seu compromiso inicial da OK Liga 22/23. A defensa do título comezou ante un Voltregà orgulloso que vendeu moi cara a súa pel. Non se decidiu nada ata que faltaron segundos de xogo.

Rodeados de antigos membros duns e doutros, Àlex Rodríguez (ex do Voltregà) protagonizou a primeira oportunidade de magnitude cun man a man ante Estrada que non viu portería. Unha acción pouco afortunada seguida por outra. El mesmo, no sexto minuto, cometeu un penalti. Nel brillou Martí Serra, responsable dunha meritoria triple intervención ante Gerard Teixidó.

Arnau Canal, con dous goles, foi un dos grandes activos liceístas

O empate sen goles sobreviviu ata que apareceu outro ex do conxunto branquiazul: Arnau Canal. O dorsal 49 do Deportivo Liceo batiu ó meta local cun disparo lonxano (0-1) que apenas celebrou polo seu recente pasado.

O terceiro antigo membro protagonista, esta vez do Liceo, foi Jordi Burgaya. O campión da OK Liga 21/22 empatou o partido desde a directa despois de que Bruno Di Benedetto vira un cartón azul. As consecuencias duraron dous minutos, xa que Rodríguez adiantou outra vez ós muchachos de Juan Copa cunha definición escorada e mal prevista por Estrada.

A sorte que se busca

A mala nova non matou, nin moito menos, ós xogadores de Lluís Teixidó. Apretaron e buscaron o empate aínda que Arnau Canal, tras un excelente man a man, colocase un 1-3 de cor verdibranca (minuto 37).

O exliceísta Jordi Burgaya redondeou o seu bo partido con outro gol, que esta vez acurtou distancias. Logrouno cunha gran acción desde detrás da portería de Martí Serra. O golpe terminou de animar ó Voltregà, totalmente volcado para atopar o 3-3 e incluso unha posible remontada. Esto non chegou, pero si o empate grazas a Humbert Serra. E os de Sant Hipòlit non remataron aí.

O Voltregà, totalmente volcado, logrou empatar antes do gol final de César

Prometían malas para o Deportivo Liceo ata que apareceu o capitán. Dava Torres roubou unha importante bóla a falta de menos dun minuto para o final, asistiu a César Carballeira e mataron o partido (3-4). Conexión coruñesa para un final feliz.

Cos tres primeiros puntos na bolsa, Juan Copa e os seus xogadores atoparanse de novo co público do Pazo dos Deportes o vindeiro sábado 17 de setembro (18:00h, Girona).

FICHA TÉCNICA

CP VOLTREGÀ: Miquel Estrada; Èric Vargas, Jordi Burgaya, Aleix Molas, Gerard Teixidó (quinteto inicial), Dídac Alonso, Humbert Serra, Biel Jutglar, Pol Molas e Javi Sánchez (meta suplente).

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; César Carballeira, Bruno Di Benedetto, Dava Torres, Àlex Rodríguez (quinteto inicial), Sito Ricart, Fabri Ciocale, Fran Torres, Arnau Canal e Mati Bridge (meta suplente).

ÁRBITROS: Sánchez García e Reverter García. Mostraron cartón azul ó local Aleix Molas e ó visitante Bruno Di Benedetto.

GOLES: 0-1 (Arnau Canal, min. 12). 1-1 (Jordi Burgaya, min. 19). 1-2 (Àlex Rodríguez, min. 21). 1-3 (Arnau Canal, min. 37). 2-3 (Jordi Burgaya, min. 42). 3-3 (Humbert Serra, min. 47). 3-4 (César Carballeira, min. 50).

OK Liga 22/23, Xornada 1. Pavelló Municipal Oliveras de la Riva (Sant Hipòlit de Voltregà).

Deixa un comentario