11 de xaneiro de 2026
O Liceo supera ó SHUM Maçanet e colócase líder provisional a falta do enfrontamento entre Igualada e Barcelona.
O segundo acto da OK Liga non puido empezar mellor para un Liceo poderoso e dominador, cualidades que non dudou en mostrar no Municipal de Maçanet. Nada puido facer o SHUM ante a calidade verdibranca, unha que a coloca líder provisional (35 puntos) a falta do enfrontamento vespertino entre Barcelona e Igualada.
Dez minutos bastaron para que o espectador soubera como ía terminar este duelo. Suficientes para que Nil Cervera, César Carballeira e Toni Pérez colocaran un doloroso 0-3 parcial, un contra o que o SHUM loitou, pero sen éxito. Avisou co 1-3 anotado por Sergi Pujol xusto antes do descanso.
Reacción correctamente detida
Ese aviso pareceu máis serio co 2-3 que marcou Domènech nada máis regresar á pista, pero o Liceo soubo perfectamente como deter eses intentos de rebelión. Recuperou inmediatamente a vantaxe grazas a Bruno Saavedra e Nuno Paiva, un golpe duro para os intereses locais, que só puideron maquillar o resultado cun novo gol de Pujol. Final, 3-5 e tres puntos para os de Juan Copa; que o próximo sábado día 17 recibirán ó Cerdanyola ás 19:00h.
FICHA TÉCNICA
SHUM: Jordi Pons; Àlex Grau, Xavi Gurri, Roger Presas, Josep Hernández (quinteto inicial), Aleix Domènech, Joan Picart, Sergi Pujol, Gerard Oviedo e Àlex Rovira (meta suplente).
LICEO: Blai Roca; Nil Cervera, César Carballeira, Dava Torres, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Arnau Xaus, Jacobo Copa, Nuno Paiva, Toni Pérez e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: Alberto Pérez e David Cantos. Mostraron cartón amarelo a Xavi Gurri e Roger Presas no SHUM. Por parte do Liceo, Bruno Saavedra viu o azul.
GOLES: 0-1 (Nil Cervera, min. 4). 0-2 (César Carballeira, min. 5). 0-3 (Toni Pérez, min. 9). 1-3 (Sergi Pujol, min. 25). 2-3 (Aleix Domènech, min. 26). 2-4 (Bruno Saavedra, min. 29). 2-5 (Nuno Paiva, min. 34). 3-5 (Sergi Pujol, min. 41).
RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Xornada 14 da Fase Regular, primeira da segunda volta. Pavelló Municipal de Maçanet.

